INICIO Técnicas & Gramaxe, S.L. é unha empresa galega que presta servizos de deseño gráfico, imaxe corporativa, impenta, edición editorial, deseño 3D e audiovisual. Desenvolvemos a nosa actividade por tada a Comunidade Galega, onde demA nosa actividade está centrada no territorio galego, e colaboramos tanto con empresas privadas, como asociacións e institucións en todo o relacionado cos servizos que ofrecemos. Non dubide poñerse en contacto con Técnicas & Gramaxe, S.L. para calquera apartado de comunicación visual que precise, ofrecerémoslle o mellor da nosa empresa. DESEÑO E IMPRESIÓN Contamos cos máis modernos e actualizados equipos informáticos, xunto cos profesionais de deseño cos que contamos, ofrecemos aos nosos clientes a máis moderna e impactante imaxe visual para a súa empresa. A calidade de impresión dos nosos produtos é a mellor que se pode atopar no mercado, coa posibilidade de escoller entre o amplo abano de materiais, papeis e cartulinas (verxurados, mates, brillos, plastificados, etc.) Deseñamos e imprimimos diversos produtos en papelería, sendo especialistas na elaboración de carpetas, folletos, carteis, catálogos, revistas e libros. Outras da nosas especialidades son a elabaoraición de CDs e DVDs, onde podemos innovar e crear formatos que identifiquen e diferencien aos nosos clientes. Confeccionamos lonas gran formato para interior e exterior e “displays” para feiras e congresos. DESEÑO WEB En Técnicas & Gramaxe, S.L., confeccionamos todo tipo de soluccións publicitarias e comerciais na internet e que o cliente nos solicite, páxinas webs corporativas, interactivas, comercio virtual, etc. Elaboramos webs onde o cliente teña total acceso aos contidos coa posibilidade de actualización sen necesidade de contar con persoal técnico informático. Para que resulte doado atopar aos nosos clientes na rede, desenvolvemos unha aplicación onde posicionamos os enderezos webs nos buscadores máis utilizados. Os nosos deseños son baixo as últimas tecnoloxías, Flash, Flex, PHP, Java, Ajax e integración con bases de datos en MySql, así coma contidos para poder visitar as webs en móbiles. 3D INFOGRAFÍAS As novas tecnolóxias permítennos poder desenrolar aplicacións para poder visualizar mediante volumes 3D unha construción, interiores, exteriores, distribucións en planta, integración sobre fotografía real, restauracións, decoración, impacto urbanístico e outros temas relacionados, de forma estática ou dinámica. Arquitectura * Infoarquitectura: * Promoción de vivendas * Vallas de obra * Deseño stands 3d * Deseño industrial 3d No deseño industrial * Animación de procesos industriais * Deseño 3d de todo tipo de Maquinaria * Tratamento de auguas (depuradoras) * Sistemas robotizados * Cadeas de montaxe AUDIOVISUAIS Técnicas & Gramaxe, S.L., ofrece un completo servizo no eido da comunicación e promoción, ben sexa empresarial ou institucional. Dispoñemos de tecnoloxía para a elaboración de vídeos corporativos, realización de actos, presentacións, etc. Contamos con equipos de audio para gravacións tanto en interior como exterior: entrevistas, actos xornalísticos, entornos naturais, bandas de música, corais, etc. Ofrecendo deste xeito unha completa planificación de medios para a realización dunha campaña publicitaria ou o desenvolvemento dunha actividade concreta sen necesidade de contratar varias proveedores. EXPOSITORES-PROMOCIÓN No afán de ofrecer o mellor e máis completo servizo aos nosos clientes, incorporamos ao noso catálogo de produtos unha variada selección de “displays” estáticos e enrollables, expositores, mostradores, portafolletos, etc., para promoción comercial, feiras, congresos, etc. Todos os soportes dispoñen de maletín ou bolsa para o seu doado manexo, e así poder transportalos con comodidade. CONTACTO En virtude do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle dos seguintes extremos: os datos de carácter persoal que introduza a través da páxina web son obrigatorios para a súa inclusión no "Ficheiro de usuarios da web tecgrama.com", e o titular dos datos faise responsable da veracidade dos mesmos. A finalidade do mencionado ficheiro é a xestión dos usuarios da web para o acceso aos distintos servizos do mesmo e o envío de comunicacións promocionais a través do seu correo electrónico. O afectado poderá exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación mediante o envío dun escrito xunto á súa fotocopia do D.N.I. a: Técnicas & Gramaxe, S.L. Rúa Santa Olalia, 18 - 36540 Silleda Pontevedra Tlf.: 986 581 304 ONDE ESTAMOS Pódenos atopar en: Rúa Santa Olaia, 18 • 36540 Silleda Telf.: 986 58 13 04 PRIVACIDADE POLÍTICA DE PRIVACIDADE A Técnicas & Gramaxe, S.L. interésalle a túa privacidade. Queremos que os nosos usuarios saiban que información persoal reunimos sobre eles e como se utiliza. Por favor, le esta política para poder comprender de que maneira utilizamos os teus datos persoais. Coa información desta política esperamos que estés mellor preparado para protexer a túa privacidade cando utilices o noso servizo. QUE DATOS REUNE TÉCNICAS & GRAMAXE, S.L.? Reunimos información de distintas maneiras e de distintas partes dos nosos sitios web. Preguntámosche en que país vives e que idioma falas. Tamén recollemos automaticamente as direccións IP, información que identifica á computadora que estás usando cando visitas os nosos sitios. É posible que che pidamos datos persoais (como o teu nome e apelido, dirección particular e/ou comercial, dirección de email, número de teléfono, data de nacemento, sexo, nomes e claves de identificación de usuario e intereses persoais) relacionados co teu uso dos diferentes servizos e outras ofertas que brindamos, que se inclúen, por exemplo, cando completas unha enquisa ou participas nun concurso ou promoción, cando te suscribes á nosa newsletter ou cando envías unha postal a un amigo. É posible que conservemos un rexistro da información que nos brindas e tamén de calquera contacto ou correspondencia da túa parte. Para nos é vital manter a confidencialidade dos teus datos persoais, que non rentamos nin vendemos. COMO UTILIZA TÉCNICAS & GRAMAXE OS MEUS DATOS? Cando utilizas os servizos de Técnicas & Gramaxe, S.L. como as ofertas disponibles na nosa rede de sitios, ás veces recollemos outros datos como nome, dirección, número de teléfono, data de nacemento, sexo e os distintos nomes e claves que usas en Técnicas & Gramaxe, S.L.. O noso obxectivo principal ó reunir información persoal é brindarche servizos máis persoalizados, particularmente no que se refire a idioma e contidos, que sexan "xeograficamente" útiles. Non facemos públicas nin vendemos listas cos nomes, direccións e teléfonos dos usuarios, nin ningunha outra información que identifique ós nosos usuarios. Tamén usamos a información persoal para procesar información estadística xeral. Habitualmente rastreamos pero non usamos a información sobre as redes que visitan os nosos usuarios. Sen embargo, si usamos a información sobre os sitios que visitan os nosos usuarios en forma colectiva. Axúdanos a comprender como os nosos usuarios, como grupo, utilizan Técnicas & Gramaxe, S.L. para así poder mellorala. Ademais, ás veces brindamos ós nosos patrocinadores, anunciantes ou outras companías externas información demográfica colectiva sobre os nosos usuarios e os sitios que visitan. Ó compartir esa información estadística colectiva non revelamos nomes ou información sobre navegación. Ademais, investigamos os aspectos demográficos, intereses e conductas dos nosos usuarios mediante a utilización de información dos arquivos de actividades do noso servidor e de enquisas, e tamén información que nos brindan os usuarios cando se rexistran e durante as promocións. O propósito é, novamente, comprender e sevir mellor ós nosos usuarios. Recopilamos e analizamos eses datos provintes das investigacións (que podemos compartir con anunciantes, patrocinadores ou socios) en forma xeral e colectiva, non en forma individual. Ocasionalmente usamos a información persoal para entregar anuncios específicos ós nosos usuarios. Por exemplo, se un anunciante nos solicita entregar un aviso a un grupo particular de usuarios (homes maiores de 35 anos), utilizamos a información que temos para entregar o aviso ós usuarios que cumpran con ese criterio específico (non permitimos que os anunciantes accedan á información individual dos usuarios). Eses anuncios poden ser entregados como banners ou como mensaxes promocionais de email. Enviamos ofertas especiais por email ós usuarios só se eles indicaron que desexan recibilas. Podes cambiar as preferencias da túa conta en calquera momento. Non vendemos nin revelamos información persoal a terceiros, excepto para cumprir cunha orde de allanamento, citación, mandato xudicial ou procedemento legal, ou noutras circunstancias especiais. As consultas referentes a esta política de privacidade deben dirixirse a: luisramirez@tecgrama.com

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player