Slide 1

Slide 2

Slide 3

Slide 4

Slide 5

Previous Next

A creación dunha imaxe de marca atractiva é cada vez máis importante no clima empresarial actual. É preciso atopar ese aspecto distintivo que nos diferencie da competencia. A miúdo, as grandes marcas dispoñen dunha maior vantaxe no momento de compra. Sen embargo, en Técnicas & Gramaxe cremos no valor de marcas simples, a súa capacidade para ser recoñecibles e apreciadas polo cliente. Para iso, é preciso promover a unidade artística que as manteña vivas e activas, tanto na web coma nos medios impresos, entrando a formar parte do ranking establecido no subconsciente do noso público obxectivo.

Para que a súa empresa dispoña das mesmas posibilidades á hora de competir no mercado, ofrecemos solucións económicas capaces de cubrir todas as súas necesidades en materia publicitaria.

Manuais de Identidade Visual Corporativa

Realizamos completos manuais con todas as posibilidades da súa identidade, desde a creación ou modificación do seu logotipo ata as súas distintas aplicacións naqueles formatos e medios que resulten máis beneficiosos para impulsar a súa empresa dentro do seu ámbito de actuación.

Consultas

Si tiene dudas, llámenos al 986 58 13 04. Consúltenos sin compromiso, le atenderemos con gusto.

Ubicación

Calle Santa Eulalia 18, Bajo
36540 - Silleda
Pontevedra - España
Telf. / Fax: 986 58 13 04